A terra de AnnaO da do seu cumpreanos, Anna recibe como agasallo un vello anel cun rub. A partir de a como a Casandra do mito grego a rapaza comeza a ter soos premonitorios. Unha noite transportada desde a sa idlica cabana na montaa norueguesa ata o mundo desolado e agonizante no que vive a sa bisneta Nova, en 2082: o mar incrementara moitos metros o seu nivel e o planeta perdera a maior parte da sa riqueza, o deserto avanzara por todos os continentes, destruranse
Shopping security
Each payment you make on thelockerguy is secured with strict SSL encryption and PCI DSS data protection protocols
product description
Why choose thelockerguy wholesale?
O día do seu cumpreanos, Anna recibe como agasallo
un vello anel cun rubí. A partir de aí -como a Casandra
do mito grego- a rapaza comeza a ter soños premonitorios.
Unha noite é transportada desde a súa idílica cabana na montaña norueguesa ata o mundo desolado e agonizante no que vive
a súa bisneta Nova, en 2082: o mar incrementara moitos metros
o seu nivel e o planeta perdera a maior parte da súa riqueza,
o deserto avanzara por todos os continentes, destruíranse numerosos ecosistemas e miles de especies de plantas e animais extinguíranse ou estaban en vías de desaparición. Ao espertar dese pesadelo, Anna e o seu amigo Jonas, xunto co doutor Benjamin, tentarán advertir a humanidade do perigo para evitar
a catástrofe natural: o abuso do petróleo, a emisión descontrolada de CO2 á atmosfera, a deforestación das superficies arboradas... son moitas as ameazas reais e pouco o tempo para invertir
a tendencia destrutiva que aboque a un escenario tan apocalíptico. O antigo anel que lle entregaran polo seu aniversario resultará ter máis importancia do que parecía.
Ficha Técnica:
ISBN/EAN: 9788416721146. Autor: Gaarder. Jostein,. Formato: Tapa blanda o Bolsillo. Páginas: 160. Alto: 205. Ancho: 138. Fecha de Publicación: Agosto 2017. Idioma: Gallego.